O PP pide a Deputación que explique de onde proveñen os cartos destinados aos concellos afectados polos lumes

Pontevedra> Reunión na sede provincial do PP dos alcaldes e voceiros dos concellos afectados trala vaga de lumes do pasado 15 de outubro. Dende as filas do PP presentarán unha moción no pleno, co fin de que a Deputación explique de onde van a saír os 90 millóns de euros anunciados para axuda aos concellos afectados, e tamén para recuperar o plan de acción comunitaria. Alcalde e voceiros do PP dos concellos afectados pola vaga de lumes en Galicia mantiveron esta mañá unha reunión na sede do PP Provincial co fin de analizar as axudas que recibirán por parte das administracións públicas. Dende o PP piden que a Deputación explique de onde van a sacar os 90 millóns de euros que anunciaron a bombo e platillo. Presentarán unha moción no pleno co fin de que estes fondos no inflúan dentro das inversións previstas do Plan Concellos. Unha moción onde farán especial fincapé en que se recupere o Plan de acción comunitaria co fin de axudar a todos os afectados. Unha proposición onde tamén pedirán a reposición das axudas a colectivos veciñais e que a Deputación asuma o custo dos GES.