Sen boas novas no libre marisqueo

    CAMBADOS> Seguimos falando do libre marisqueo, porque co paso das xornadas a situación non anima ao optimismo. En Os Lombos do Ulla atopan berberecho, pero non de talla comercial. A situación sobrecarga outros bancos como O Cabío e, sobre todo, O Bohído; unhas zonas que tampouco está garantido que aguanten a campaña.

     

    O arranque da campaña de libre marisqueo non anima ó optimismo. Os rañeiros non atopan recurso en Os Lombos do Ulla e, aínda que hai berberecho, non é de tamaño comercial.

    Esta situación fai que os barcos abandonen Os Lombos. No primeiro día, foron 66 a faenar. Onte xa só eran 34. Coa falta de recurso, móvense a outros bancos, principalmente a O Bohído, unha zona que tampouco cumpre coas expectativas.

    A mesma historia dáse no terceiro banco máis importante de Arousa. De O Cabío desapareceron recursos que si figuraban nas mostraxes.

    Por iso, os ánimos do sector están en declive. Advirten que aínda é cedo, pero a situación actual podería comprometer o futuro da campaña.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/libre_marisqueo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/libre_marisqueo.mp4{/flowplayer}