A Xunta traballará coas confrarías para preparar os bancos marisqueiros antes de comezar a dragaxe do Lérez

PONTEVEDRA> A dragaxe do Lérez encara por fin a fase final da súa tramitación. A intención da Xunta de Galicia é licitar este ano o proxecto para que os traballos poidan estar en marcha, como tarde, no 2027. Hoxe a conselleira do Mar mantivo un encontro en Pontevedra coas confrarías da ría pontevedresa para trasladarlles os detalles da actuación. As obras suporán un investimento de 11,9 millóns de euros.

A dragaxe do Lérez avanza na súa tramitación. A conselleira do Mar mantivo esta mañá un encontro coas confrarías da ría de Pontevedra. O proxecto de dragaxe iniciou hoxe a súa fase de información pública. Prolongarase durante 30 días, nos que se poderán presentar alegacións.

Segundo o calendario que manexa a Xunta, a intención é licitar a obra neste 2026 para que os traballos poidan comezar no 2027. O prazo de execución é de 10 meses e o orzamento de 11,9 millóns de euros.

Pero antes de comezar as obras, a Xunta traballará da man das confrarías para preparar os bancos marisqueiros da ría. É una das prioridades que se marca o departamento autonómico, segundo trasladou hoxe a conselleira do mar ao sector.

A dragaxe desenvolverase ao longo de 4,5 kilómetros e permitirá retirar máis de 500.000 metros cúbicos de áridos. Precisamente, o seu tratamento foi un dos puntos que xerou máis polémica ao redor do proxecto.

Segundo o proxecto actual, os traballos comezarán na desembocadura do Lérez e irán avanzando ata o Club Naval.