Poio demostra que ten encantos para sete días na súa nova campaña turística

POIO> ‘Sete días en Poio’ é a proposta que nos lanzan dende a concellería de Turismo. Trátase dunha nova campaña para potenciar o concello como destino botando man de artigos e vídeos que se difundirán nas redes sociais. Material dirixido a demostrar que Poio ten atractivos suficientes para encher unha semana de propostas.

Unha semana, como mínimo, é necesaria para coñecer os recursos e atractivos de Poio. Este é o eixo da nova campaña lanzada dende a concellería de Turismo. O obxectivo é potenciar o concello como destino e prolongar as estancias dos visitantes.

‘Sete días en Poio’ é o resultado do traballo realizado cos profesionais de sector no marco das xornadas Descubre Poio. A proposta foi deseñada polo blogger veciño do municipio Alberto Ribas, que está detrás de ‘Alvientooo’.

As praias, as rutas de sendeirismo, os espazos naturais, os miradoiros, o patrimonio histórico, a gastronomía e a Variante Espiritual son os protagonistas destes artigos. Unha información que se complementa con tres vídeos dedicados á promoción do patrimonio histórico, os espazos naturais e o gran capital humano de Poio.

Todo o material xa está dispoñible nas webs de Turismo de Poio e Alvientooo. Ademais comezarase unha campaña de difusión nas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí