Rianxo en Común propón medidas para inxectar liquidez a autónomos e pequenas empresas

RIANXO> Rianxo en Común propón unha serie de medidas económicas para paliar as consecuencias da crise. Demandan ó concello que axilice o pago de facturas pendentes a pequenas empresas e autónomos para que dispoñan de liquidez nestes difíciles momentos.

Ademais do pago a provedores, dende Rianxo en Común propoñen a flexibilización do calendario fiscal así como a posibilidade de aplicar bonificacións ós sectores máis afectados. Á espera de aprobar os orzamentos suxiren que se reserve unha partida de cen mil euros para asumir este plan de choque dos que un trinta por cento podería destinarse a unha liña de axudas para que os negocios fagan fronte ó pago de alugueiro. O setenta por cento restante sería para inxectar liquidez.

Precisamente, para axudar ó comercio Rianxo en Común habitou unha plataforma dixital con información detallada sobre os negocios que continúan abertos.

Unha vez superada a crise reconverterase nun escaparate virtual de todo o comercio rianxeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí