Os detidos en O Vao, acusados de tráfico de drogas

PONTEVEDRA> Tráfico de drogas e pertenza a banda criminal. Estes son os dous delitos dos que a Garda Civil acusa aos dez detidos onte no poboado chabolista do Vao. Ata o de agora só catro pasaron a disposición xudicial en Pontevedra. Tras prestar declaración, tres quedaron en liberdade con comparecencias semanais. Para o cuarto, o xuíz decretou prisión provisional sen fianza.

 

Trala redada de onte, a Garda Civil apunta que os dez detidos no poboado chabolista de O Vao son membros de dous clans familiares, considerados responsables da venda e distribución de drogas na zona.

Durante o operativo de onte, que xa foi bautizado como Operación Voss-Candado, os axentes e varios cans rexistraron catro vivendas e dous galpóns. Actuacións que remataron coa incautación de 2.000 doses de heroína e 1.150 de cocaína, xa preparadas para a venda. Tamén seis básculas de precisión e substancia de corte. Ademais das drogas, nas vivendas localizaron dúas pistolas reais, dúas simuladas e unha escopeta de caza aparentemente inutilizada para disparar.

Os axentes tamén localizaron diferentes obxectos dos que non se puido demostrar a súa procedencia, como televisores, video consolas, teléfonos móbiles, xoias, 7.000 euros en efectivos, tres furgonetas, dous turismos e unha motocicleta.

Co operativo a Garda Civil da por desmantelados dous dos clans más influíntes na venda de distribución de drogas no poboado do Vao de Abaixo. Dos dez detidos, catro xa pasaron a disposición xudicial: tres quedaron en liberdade con comparecencias semanais e para o cuarto o xuíz decretou prisión provisional sen fianza.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/incautacion_vao_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/incautacion_vao.mp4{/flowplayer}