Os edís do PBBI denuncian pintadas ameazantes ás portas dos seus domicilios

RIBEIRA> O clima de tensión política en Ribeira segue en escalada. Os concelleiros do PBBI denuncian ameazas que transcenderon o ámbito público, mesmo con pintadas ás portas do seu domicilio. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía Nacional, onde os tres edís presentaron unha denuncia conxunta.

Dende que o pasado luns saíse adiante a moción de censura, non deixaron de sucederse reaccións ó cambio de goberno. Os comentarios en redes sociais deron paso a panfletos e pintadas rúa que onte mesmo se trasladaban ó entorno persoal dos concelleiros do PBBI.

Tras denunciar os feitos na comisaría da Policía Nacional, os afectados quixeron facer pública a situación da que responsabilizan directamente a simpatizantes do anterior goberno.

Dende o executivo fan un chamamento á moderación en favor da paz social e animan ó resto de forzas políticas representadas na corporación a condenar estes feitos.