A execución nos traballos dos castros no punto de mira, fomento e deputación

Pontevedra>  Os castros da provincia están dando moito do qué falar nos últimos días. Dende o PP provincial devolven a pelota ao tellado da Deputación e afirman que esta entidade é a única responsable do estado e deterioro dos xacementos engadindo que Fomento está a cumprir o establecido. A presidenta de deputación, pola súa banda, nega as palabras dos popuales e pide respeto por Pontevedra xa que dí que o Ministerio non está cumprindo o convenio. 

 

O estado dos castros na provincia de Pontevedra está deixando moitos titulares nos últimos días, primeiro a Deputación tira o balón ao tellado de Fomento afirmando que son eles os que non están cumprindo o protocolo de actuación, agora desde as filas populares da deputación teñen claro que é a Deputación a que non cumpre co establecido e que Fomento ten sobre a mesa os 4.3 millóns de euros para actuar nos 18 castros da provincia e a Deputación non move ficha co seu inestimento de 2 millóns de euros. 

Dende o concello de Ribadumia tamén quixeron amosar o deterioro no que está Monte Castro un espazo moi visitado e que se atopa en moi mal estado. 

E coa pelota no tellado da Deputación a presidenta deste entidade amou a sua sorpresa polas declaracións dos popualres. Carmela Silva ten claro que dende instutición que presiden se está cumprindo co protocolo establecido e que é o Ministerio o que non está movendo ficha neste asunto. 

A presidenta da Deputación pide ao PP Provincial que non defendan o indefendible e lembrou que a entidade que presiden vai a investir todos os seus recursos en consolidar todos os castros provincia, tarefa que debería facer o Ministerio e non o está cumprindo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/castros_deputacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/castros_deputacion.mp4{/flowplayer}