A concellería de Cultura de Noia organiza o primeiro concerto postcovid

NOIA> A actuación terá lugar o vindeiro 24 de xullo e o grupo convidado ‘Second’. Unha das principais bandas de indie-rock do panorama nacional. O concerto terá ademais unha vertente solidaria, xa que todo o recadado nel será integramente para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

Noia prepárase xa para o seu primeiro concerto postcovid. Será o vindeiro 24 deste mes de xullo no IES Campo de San Alberto e nel actuará o grupo murciano Second, unha das bandas ‘indie-rockk’ máis recoñecidas do panorama musical a nivel nacional nestes momentos. O concerto, que terá lugar ás nove e media da noite, celebrarase con grandes medidas de seguridade, cumprindo coa normativa sanitaria actual, reducindo a súa capacidade para manter as distancias de seguridade.

O concerto terá ademais unha vertente solidaria, xa que o todo o recadado irá destinado integramente para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

As entradas terán un custe de cinco euros. A partir da vindeira semana xa poderán retirarse a través de ataquilla.com.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí