O Sergas realizará un cribado entre o comercio de Ribeira

RIBEIRA> Sanidade efectuará un cribado entre o sector do comercio de Ribeira. O concello está a colaborar na recompilación de datos sobre os propietarios e empregados para que as autoridades sanitarias poidan citalos canto antes.

Os profesionais do comercio de Ribeira están chamados esta fin de semana a un cribado no hospital do Barbanza co fin de detectar posibles asintomáticos entre un sector moi exposto, dado o alto grao de contacto cos clientes. O concello leva días recompilando información sobre os empregados dos distintos establecemento co obxectivo de que o Sergas poida citar ó maior número de persoas.

Este cribado é un esforzo máis para frear a cadea de contaxios que a pesar de ter superado xa o pico e estabilizarse non acaban de iniciar o descenso, en parte polos datos do gromo da residencia que supuxeron un importante crecemento dos positivos.

Ruíz fai un chamamento á cidadanía para extremar as precaucións porque do cumprimento das restriccións depende, non só a saúde, senón tamén en boa parte a economía de todo o pobo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí