A partir deste xoves poderán retirarse as entradas para o encontro de maiores

    RIBEIRA> A cita, que reunirá a un milleiro de persoas, celebrarase o domingo día trinta de outubro no pavillón da Fieiteira. Enmarcada dentro da programación anual que desenvolve o departamento de Servizos Sociais de Ribeira, o próximo domingo trinta de outubro, celebrarase unha nova edición do Encontro do Maior. A actividade ese día iniciarase na igrexa parroquial de Santa Uxía cunha misa cantada pola Coral Polifónica Municipal, para posteriormente a partir das dúas do mediodía proceder ó xantar no pavillón polideportivo. A comida estará destinada fundamentalmente ós maiores do municipio, aínda que se quedan prazas libres estudarase a posibilidade de que poidan participar nel tamén veciños doutros concellos. As entradas poderán retirarse a partir do próximo xoves na tesourería do Concello. O custe será de dezaseis euros.