Marea, Cidadáns e o PSOE apostan por unha reforma do IBI para familias numerosas

Pontevedra> Os grupos municipais de Marea Pontevedra, PSOE e Cidadáns presentaron nesta xornada unha moción conxunta, no rexistro, que levarán para o seu debate no Pleno do mes de febreiro. Unha moción centrada en reformar a recadación do Imposto de Bens Inmobles para beneficiar ás familias numerosas con ingresos reducidos.

Reformar a recadación do Imposto de Bens Inmobles para beneficiar ás familias numerosas, ese é o obxectivo que busca a moción conxunta que esta mañá presentaron os grupos municipais Marea Pontevedra, PSOE e Cidadáns.

Actualmente as bonificación ás que poden acceder os cidadáns oscilan entre o10 e o 30 por cento, pero de saír adiante esta modificación poderían chegar ao 90 por cento no caso de familias con ingresos inferiores aos 6360 euros anuais por membro, mentres que os que perciban entre 6360 e 8130 euros poderían reclarmar un 50 por cento de bonificación. Dende as filas socialistas consideran que na actualidade estas bonificacións son irrisorias.

E dende Ciudadanos cren que os veciños deben de notar no seu peto o superávit do concello.

Trátase dunha moción baseado nun texto de Marea e modificado coas emendas presentadas polo PSOE e Cidadáns. Dende estes grupos agardan que o Goberno Local e o PP apoien esta iniciativa no vindeiro mes de febreiro.