CIG denuncia a normativa de Fomento que obriga a xubilarse antes aos mariñeiros

Pontevedra> Dende a CIG denunciaron esta mañá a decisión da Mariña Mercante de modificar os coeficientes redutores da flota de palangre e dos arrastreiros de maneira que lles obriga aos tripulantes a retrasar a súa xubilación. Unha protesta que levarán aos plenos dos concellos a través de mocións co fin de que se retire esta normativa aprobada dende o Ministerio de Fomento. 

 

Un mariñeiro xa presentou unha reclamación e xa hai varias na asesoría xurídica ante a decisión da Mariña Mercante de modificar os coeficientes redutores da frota do palangre e dos arrastreiros conxeladores de maneira que obriga aos tripulantes a retrasar a súa xubilación. 

Dende a CIG anunciaron que a día de hoxe non hai ningún barco galego no nivel 040. Que sería o máximo nivel, todos están entre o 035.030 e 025. Por este motivo dende a CIG van a presentar mocións nos concellos galegos á espera de poder presentalas tamén no parlamento en canto teña lugar a toma de posesión.

Dende este sindicato galego tamén pedirán nesta moción que dende Fomento asuman responsabilidades por esta normativa que califican de barbarie. Dende a Cig manterán dende o vindeiro martes asemblea para informar desta medida a afectados e familiares e consideran unha inxustiza esta normativa que aprobaron dende Fomento, medida que afecta, sobre todo, aos barcos da nosa comunidade, a zona máis afectada con esta normativa aprobada polo Goberno Central en funcións. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/cig_mar_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/cig_mar.mp4{/flowplayer}