O Boiro viaxa esta fin de semana a terras navarras para enfrontarse ó Izarra

BOIRO> Trátase dun rival que está a ter un gran inicio de tempada, moi por riba do que se agardaba. Son cuartos con catorce puntos, sete máis que os boirenses. Segunda saída consecutiva para un Boiro, que despois da derrota no Vao do pasado domingo por dous a cero, pretende encauzar o rumbo e así mellorar a imaxe deste inicio ligueiro, un tanto irregular. Os boirenses ocupan a décimo sexta praza da clasificación con tan só sete puntos. En fronte un rival, que ó contrario que o Boiro, está a realizar un máis que notable arranque, con catro vitorias e dous empates, e dúas únicas derrotas. Números que o sitúan na cuarta praza da clasificación. Para os de Fredi non son todo malas novas. Esta semana xa regresou ós adestramentos o seu capitán, o dianteiro Rubén Rivera, que xa recibíu a alta médica. Aínda así é pouco probable que entre na convocatoria despois de máis dun més fóra dos terreos de xogo. Polo que respecta ó resto de equipos galegos nesta categoría destacar o partido do Pontevedra co Lealtad en Pasarón, o do Racing de Ferrol e o Burgos ou o do Celta B co Valladolid B. O resto de enfrontamentos serán Arandina-Coruxo e Caudal Deportivo-Somozas.