![]()
VILAGARCIA> Finalmente parece que o concello de Vilagarcía e os comerciantes da Praza de Abastos atoparon un punto en común para solucionar os problemas de estacionamento ao redor da mesma.
O concello de Vilagarcía reordena os horarios e lugares de estacionamento na parte exterior da Praza de Abastos. Unha medida que afecta as rúas Arcebispo Lago e Alexandre Bóveda en horario de mañá.
Habilitase como zona provisional de aparcamento en horario de mañá o tramo da rúa García Caamaño, que discorre en paralelo ao edificio da praza. Unha medida ben acollida polos traballadores da praza.
O concello recalca que esta é unha medida provisional debido a que se trata dunha zona peonil, e que só se poderá utilizar esta zona de aparcamento durante a mañá e non durante máis de 30 min.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/aparcadoiro_praza_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/aparcadoiro_praza_villa.mp4{/flowplayer}¡







