Os apicultores apuntan a unha mala campaña por mor da avespa velutina

    BOIRO> Os apicultores do Barbanza calculan un descenso do 50 por cento na colleita de mel da campaña deste ano. O clima e os efectos da vespa asiática son os responsables.

     

     

    José ten 25 anos, e leva 7 dedicado ao mundo da apicultura en Boiro. Aquí en Espiñeira ten unhas cincuenta colmeas, e en total, repartidas noutras zonas, unhas duascentas. A campaña deste ano, que vén de rematar, recordaráa como unha das máis negativas. A vespa velutina chega a reducir a colleita ata nun 60 por cento. A presencia desta especie invasora que devora ás abellas é máis acusada nas comarcas costeiras. A solución a esta situación é complexa. Jose recomenda que o máis importante, se alguén pensa que poder ter un niño de vespa velutina nunha propiedade, é chamar a protección civil e facelo saber. Malia estes datos negativos na produción de mel, que trouxo esta campaña, os expertos asegura que, aínda que en menos cantidade,  a calidade do mel galego será moi elevada este ano.