Unha colección de pinturas sobre Valle Inclán exponse na súa Casa Museo

    VILANOVA> A Casa Museo de Valle Inclán acolle unha exposición sobre o xenio das letras, da artista castelá afincada en Vilanova, Rosario Palacios de Orive.

     

    A pintora Rosario Palacios Orive expón varios retratos de Valle Inclán, na Casa Museo que está en Vilanova. Esta pintora castelá cedeu un deles para que forme parte de este pequeno museo que representa a casa, na que Valle Inclán naceu hai uns 150 anos. 

    Un lote de cadros que mesturan, letras, cores e a Valle Inclán. Un traballo dos mellores, que segundo Gonzalo Durán, se expuxeron en Vilanova. 

    O título desta pequena exposición chamase “Lembranzas”, e está dispoñible na Casa Museo de Valle Inclán para quen a queira visitar. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/ptac_expo_valle_inclan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/ptac_expo_valle_inclan.mp4{/flowplayer}¡