Amencer inaugura o seu centro de atención temperá para os máis pequenos

Pontevedra> A asociación Amencer inaugurou esta mesma mañá o seu novo centro de Desenvolvemento Neurolóxico Infantil. Un espazo do que xa se están beneficiando 4 pequenos e que dende esta asociación convidan a todas as familias a coñecelo. A xerente desta entidade recalcou que se trata dun centro de atención temperá para tratar todo tipo de patoloxías infantís. 

 

 A Asociación Amencer inauguraba esta mañá con moita alegría o seu centro de desenvolvemento neurolóxico Intantil que se chama “Primeiros Pasos”. Un centro destinado a pequenos de entre 0 a 6 anos e no que tratan todo tipo de patoloxías intantís. 

Neste centro a tecnoloxía está moi presente e os pequenos poderán aprender a dar os seus primeiros pasos dunha maneira máis didáctica e divertida grazas aos medios cos que conta este espazo. 

Unha mañá emotiva tamén na que puidemos escoitar a vivencia dunha nai que agradeceu o apoio e profesionalidade que recibíu desta asociación, Amencer, despois de que ao seu fillo lle diagnosticasen parálise cerebral aos dous anos e medio. 

Un espazo do que xa se están beneficiando 4 pequenos e que dende esta asociación convidan a todas as familias a coñecelo. A xerente desta entidade recalcou que se trata dun centro de atención temperá para tratar todo tipo de patoloxías infantís. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/centro_amencer_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/centro_amencer.mp4{/flowplayer}