Coñécesme? Nova mostra de rúa do comercio do casco vello de Pontevedra

Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra presentaron esta mañá unha orixinal exposición que leva como título Coñécesme? Unha mostra que conta con máis de 100 retratos fotográficos das persoas que traballan no pequeno comercio da zona monumental de Pontevedra, retratos todos eles que podemos atopar pendurados polas rúas da zona vella . Unha maneira diferente e divertida de potenciar o comercio local. 

 

Coñécesme? Este é a última mostra que concello e comeciantes do casco vello presentan na cidade do Lérez co fin de potenciar o comercio local. 

Unha exposición conformada por máis de 100 retratos de comerciantes da cidade que podemos descubrir polas rúas do casco vello. 

Esta mostra está dando xa moito do qué falar na cidade do Lérez, un dos obxectivos que buscaba esta exposición

Unha exposición que estará presente na cidade do Lérez ata que pase o Nadal xa que tal e como dixeron esta mañá agardan que conviva co alumeado e o ambiente que a capital de provincia respira nesta datas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/comercio_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/comercio_ponte.mp4{/flowplayer}