Aguiño acolle este domingo unha andaina solidaria contra o cancro

RIBEIRA> Aguiño acollerá este domingo unha andaina solidaria contra o cancro. O percorrido, duns 5 quilómetros, sairá ás oito da tarde do porto aguiñense en dirección a Couso. Está prevista a participación de máis de 300 persoas.

A parroquia de Aguiño implicouse na loita contra o cancro acollendo por primeira vez unha andaina solidaria a favor da xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira. Impulsada polo Club de Fútbol Xuventú Aguiño, a asociación Francisco Lorenzo Mariño e a parroquia de Aguiño, o obxectivo é recadar fondos para a investigación.

A cita deportiva será este domingo con saída ás oito da tarde dende o porto de Aguiño ata o miradoiro de Pinisqueira, onde terá lugar un emotivo acto en homenaxe ós falecidos que contará coa música da orquestra Sons.

Os interesados en sumarse a este percorrido, duns cinco quilómetros, poden inscribirse previamente en calquera das entidades colaboradoras ou o mesmo día antes da saída. A cota é de 8 euros e inclúe unha camiseta conmemorativa. Os organizadores agardan superar os 300 participantes.