Relato e música únense en Rianxo con ‘Liñas Paralelas’

    RIANXO> Serán oito sesións nas que o actor Pepe Sendón, e a música local, Sabela Galbán, farán a súa particular visión de varios contos Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste. E que mellor escenario para a presentación desta nova actividade cultural que xira ó redor Dos arquivos do trasnos, que a propia casa natal do escritor, Rafael Dieste, na rúa de Abaixo, á espera do inicio das obras de adecentamento interior para convertela en casa museo. Baixo o título ‘Liñas paralelas’, o actor Pepe Sendón, e a música local, Sabela Galbán, farán a súa particular visión deste libro de contos, co que o propio Dieste ou modernizar o sistema literario galego, afastándoo do ruralismo. En total serán oito sesións durante os meses de outubro a decembro. Todas ás oito e media da tarde no auditorio municipal. A primeira terá lugar xa mañá xoves ás oito e media da tarde no auditorio municipal. Non será a única. Na fin de semana terán lugar outras actividades culturais de relevancia.