Dende o concello queren modificar a normativa plenaria este mes

PONTEVEDRA> Dende o concello de Pontevedra pretenden chegar a un acordo co resto de partidos políticos neste mes de outubro co fin de establecer o número de mocións que cada partido pode levar a pleno e tamén o tempo de intervención de cada un deles. Lores anunciou esta mañá as mocións, rogos e preguntas do pleno do 24 de outubro onde se tratarán temas como a transferencia da AP9 ou as dependencias da policía local. 

 

O vindeiro luns 24 de outubro haberá pleno ordinario no Teatro Provincial. Esta mañá o alcalde anunciou que dende o BNG presentarán dúas mocións, unha delas centrada na transformación de vía verde e uso peonil e ciclista no trazado da vía do tren a Pontesamapaio e unha segunda centrada na transferencia da AP9. 

Dende o PP presentarán catro mocións, unha delas centrada na creación dun plan estratéxico do deporte pontevedrés, outra onde pide melloras nas dependencias da policía local, a creación dunha unidade centralizada de control do gasto e unha vía verde entre Monte Porreiro e a estación do tren. O PSOE levará unha moción este pleno. Marea ningunha e Ciudadanos dúas. Dende o concello agardan que neste mes de outubro se negocie a nova normativa plenaria para regular o número de mocións que cada partido pode levar a pleno e tamén o tempo de intervención de cada un deles. 

En relación á negociación no orzamento do 2017 que onte lanzaban dende o PP de Pontevedra o alcalde dixo esta mañá que  non aceptaría esta oferta xa que, segundo Lores, o que pretende Moreira é realizar unha estratexia para torpederar o funcionamento do goberno e na que inclúe a toda a oposición municipal. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/xunta_voceiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/xunta_voceiros.mp4{/flowplayer}