O BNG asegura que “o potencial do noso país está lastrado pola irrelevancia política”

PONTEVEDRA> O BNG mantivo esta mañá un encontro en Pontevedra con varios empresarios da provincia. Un almorzo que serviu para trasladar o compromiso dos nacionalistas con este sector. Na reunión estivo presente Ana Pontón. A portavoz nacional do BNG insistiu na importancia de que o seu partido teña voz en Madrid a partires do 10 de novembro.

Numerosos empresarios da provincia mantiveron esta mañá un almorzo coa portavoz nacional do BNG, coa cabeza de lista ao Congreso e co alcalde de Pontevedra para escoitar as súas propostas de cara ao 10 de novembro. Os nacionalistas aproveitaron a reunión para trasladar o seu compromiso co sector e para demostrar a importancia de que os galegos teñan voz en Madrid.

A portavoz nacional do BNG insistiu en que a irrelevancia política por parte das forzas estatais está a prexudicar ao sector empresarial galego.

Os nacionalistas cren que o 10 de novembro é unha nova oportunidade para recuperar peso político e para poñer en marcha unha axenda galega.

Os representantes do BNG mostráronse ilusionados de cara as vindeiras eleccións xerais e deixaron claro que Galicia perde cando eles non están no Congreso.