Lores presenta unha “profunda” remodelación do Goberno Local

Pontevedra> No ecuador da lexislatura, o alcalde de Pontevedra ven de presentar unha remodelación do Goberno Local. Un cambio onde non mudan as caras dos concelleiros pero sí as áreas que levarán a partir de mañá venres. Anabel Gulías, Alberto Oubiña e Demetrio Gómez saen reforzados con este cambio, que Lores cualifica de moi positivo. O alcalde presentou esta mañá unha profunda remodelación do Goberno local que chega co fin de sacar a máxima rendibilidade ao seu equipo. Trátase dunha remodelación onde non mudan as caras pero si as áreas que xestiona cada concelleiro. Con esta remodelación serán tres os concelleiros que verán incrementado o seu peso dentro do goberno. A primeira Anabel Gulías que pasará a levar promoción da cidade, centro histórico, urbanismo e actividades terciarias nos espazos públicos. Demetrio encargarase do rural, de obras, transporte e participación urbana e Alberto Oubiña será o concelleiro de Xuventude, normalización lingüistica, parques e xardíns e zonas verdes, praias e novas teconoloxías. Entre os outros cambios cabe destacar que dende mañá será Carme da Silva a nova coordinadora de grupo e a encargada da xestión dos fondos DUSI. Raimundo González ademais das súas áreas será o encargado da contratación de todos os proxectos, e Anxos Rivero pasará a levar servizos sociais e Carmen Fouces Cultura. Unha remodelación que tamén inclúe a creación de duas prazas de directores xerais. Con esta remodelación o alcalde confirma que todos os concelleiros, incluído Bará ao que se lle reducen sustancialmente as súas funcións, seguirán ata ao final do mandato. E con estes cambios Lores pecha, case por completo, as portas a que un novo grupo forme parte do Goberno Local nesta lexislatura. A partir de mañá serán efectivos estes cambios dos que Lores se sinte orgulloso. O alcalde cree que se trata dunha remodelación positiva para a cidade de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/remodelacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/remodelacion.mp4{/flowplayer}