PONTEVEDRA> A Illa das Esculturas acollerá este xoves unha carreira escolar solidaria. A proba, organizada polo Colexio Sagrado Corazón de Praceres, recadará máis de 1.200 quilos de produtos non perecedoiros que serán destinados ao Banco de Alimentos de Pontevedra.
O deporte e a solidariedade únense nunha carreira escolar. Na proba, organizada polo Colexio Sagrado Corazón de Praceres participarán 1.200 escolares de sete centros de Pontevedra e Marín. Un evento que, ademais, coincide co centenario do centro.
Nesta carreira recolleranse máis de 1.200 quilos de produtos non perecedoiros que serán destinados ao Banco de Alimentos de Pontevedra.
Esta non é a primeira vez que o Colexio Sagrado Corazón de Praceres leva a cabo unha actividade solidaria. Por iso, os organizadores esperan que esta carreira se siga realizando nos próximos anos.
Os nenos repartiranse en tres grupos e percorrerán dende 800 metros ata 1.900 en función da categoría. A proba celebrarase o xoves na Illa das Esculturas a partir das 11.00 horas.











