A oposición apoia a Policía Local de Pontevedra no pleno

Pontevedra> O policía local de Pontevedra volveuse a manifestar esta mañá neste pleno da corporación de Pontevedra. Unha cita onde se aprobou por maioría da oposición e cos votos en contra do BNG as melloras nas dependencias situadas no Pazo da Cultura, medida que levaron a pleno dende as filas populares. 

 

A policía local de Pontevedra volveu a estar presente esta mañá no pleno da corporación. Aínda que como eles mesmo dixeron esta mañá non houbo moitas novidades sobre a súa situación. 

A novidade estivo no pleno na moción que presentaron dende o PP na que demandaron melloras nas dependencias da policía local. 

Unha medida aplaudida polos membros da policía local que estaban no pleno 

Unha moción que foi apoiada por todos os grupos da oposición 

Dende as filas nacionlistas, dende o Goberno Local foron os únicos que non aprobaron esta moción por considerar que con esta moción non lle están facendo ningun favor a policía local. 

Pese a negativa do BNG esta moción finalmente quedou aprobada cos 13 votos a favor dos grupos da oposición, do PP, En Marea, Ciudadanos e PSOE. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/pleno_poli_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/pleno_poli.mp4{/flowplayer}