O comercio pontevedrés tínsexe de cores fronte ó Black Friday

PONTEVEDRA> O comercio local pontevedrés tinxirase de cor fronte ó Black Friday. Durante a vindeira semana celebrarán unha campaña na que se sortearán vales desconto entre os compradores. Con esta iniciativa pretenden fidelizar clientes e demostrar que a oferta do pequeno comercio é máis heteroxénea.

O pequeno comercio de Pontevedra despregará todas as súas cores para facer fronte ó Black Friday, unha xornada de descontos importada dos Estados Unidos fai moito dano ó comercio tradicional.

A campaña, que premiará as compras cun sorteo de 7 vales de 100 euros para gastar no comercio local, pretende fidelizar a clientela.

As pequenas tendas non poden competir cos agresivos descontos das grandes áreas comerciais e a venta online, polo que destacarán o que os diferenza.

Ademais, Anabel Gulías lembrou que mercando no comercio de Pontevedra “se fai cidade”.

Na campaña, que se desenvolverá entre os días 19 e 24 de novembro, participarán preto de 200 establecementos da cidade. O Concello habilitará unha páxina para os comercios que se queiran sumar durante a semana. Estará operativa a partir do luns na web da concellaría de Promoción da Cidade: promoción.pontevedra.gal. Mentres poderanse inscribir no correo electrónico pontevedra@pontevedracapitalshopping.gal.