72’8 millóns de euros no borrador do orzamento de Pontevedra para o 2017

Pontevedra> Esta mañá o concello de Pontevedra presentou o borrador dos orzamentos para o vindeiro 2017. Unhas contas que ascenden aos 72 millóns 800 mil euros e nas que baixa o gasto corrente de maneira xeralizada e ascende notablemente a inversión no capítulo de investimentos. 

 

Raimundo González presentou esta mañá o borrador dos orzamentos do concello de Pontevedra para o vindeiro 2017. Unhas contas que ascenden aos 72 millóns 800 mil euros o que supón un millón de euros máis que neste 2016. A inversión máis importante chega no capítulo de investimentos  con 13 millóns 250 mil euros, un 20 por cento máis que nas contas deste ano. 

Algunhas das actuacións nas que irán destinados eses investimentos serán a Ponte do Burgo e o seu entorno ou para o programa máis modelo do rural pontevedrés onde se vai a duplicar o orzamento pasando dos 1,4 millóns deste ano aos 2,8 do vindeiro 201. No capítulo de persoal a inversión será de 21,1  millóns de euros sobe 300 mil euros en relación a este ano, no gasto corrente 31 millóns, baixa 600 mil euros, baixan tamén as transferencias a outras entidades debido a que o IMD pasa a ser un servizo do concello. Outra das apostas destas contas para o vindeiro ano é a política social. 

Con estas contas sobre a mesa a vindeira semana dende o concello pasarán este borrador as todos os grupos da oposición e comezarán coas entrevistas para conseguir o apoio de algún destes grupos. Unhas contas para o vindeiro 2017 que Raimundo González agarda ter aprobadas antes de que remate o ano. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/orzamentos.mp4{/flowplayer}