O retablo e o órgano de Santa Clara, en mans do Concello de Pontevedra polo menos durante catro anos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou hoxe que vai custodiar durante catro anos os retablos e o órgano que se conservan no histórico inmoble. As clarisas acordaron co goberno local cedelo durante ese tempo. Unha vez transcorrido ese prazo, o concello podería negociar tamén a súa compra.

Santa Clara vai perfilando o seu futuro máis inmediato. Esta mañá o concello anunciou a cesión por parte por parte das clarisas dos bens mobles que se conservan dentro do histórico monumento. Trátase dunha cedsión por catro anos dos retablos, o órgano e as cadeiras do coro. A cesión é gratuita, tendo o concello que garanti-lo seu bo estado.

Unha vez superado ese prazo de catro anos, o concello podería negocia-la súa compra. Unha opción que o goberno local non quere confirmar, polo de agora, á espera de facer unha valoración sobre eses bens. Ademais, tamén se acordou a retirada dos enterramentos que hai no xardín do convento.

O concelleiro indicou, ademais, que o conxunto da operación de compra do convento conta xa co visto bo do Vaticano, un paso imprescindible para poder formaliza-la venda de Santa Clara. Dende o Concello, polo de agora, non poñen data para a sinatura do contrato de compra, aínda que confían que poida materializarse antes de que remate este ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí