Pontevedra únese nun gran lazo verde polo Día Mundial Contra o Cancro

PONTEVEDRA> Mañá é o Día Mundial Contra o Cancro. Unha data que dende a Asociación Española Contra esta enfermidade aproveitan para lanzar a iniciativa ‘Todos contra o cancro’. O obxectivo é crear un movemento social e que 7 de cada 10 persoas sobrevivan a esta enfermidade no ano 2013. Para dar visibilidade a esta loita, hoxe preto de 500 persoas formaron un gran lazo humano de cor verde na praza da Ferrería, en Pontevedra.

Francisco Rodríguez é paciente do Servizo de Logopedia da Asociación Española Contra o Cancro.

El foi o encargado de poñer voz ao chamamento da asociación para conmemorar o Día mundial Contra o Cancro que se celebra mañá.

O obxectivo e crear un movemento social e conseguir que no 2023 7 de cada 10 persoas sobrevivan a esta enfermidade.

Unhas cifras que nos sitúan de fronte á dureza desta enfermidade. De aí que a asociación coa súa nova iniciativa ‘Todos contra o cancro’ busque concienciar das ferramentas que temos para traballar na prevención.

O acto completouse coa formación dun gran lazo humano de cor verde na Praza da Ferrería, formado por medio milleiro de persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí