PORTAS> Un dos festivais máis importantes da nosa contorna regresa neste 2022 aos concellos de Portas e Caldas. Artistas internacionais como Bizarrap ou Nathy Peluso e outros nacionais como Biuca ou Xoel López actuarán nos escenarios da azucreira de Portas do 2 ao 4 de xuño.
Un dos festivais máis importantes da nosa contorna regresa neste 2022 co fin da pandemia. En Portas e Caldas xa está case todo listo para acoller a artistas de gran nome dentro do panorama musical nun nova edición do Portamérica.
Ademais destes artistas xa consagrados, no festival tamén participarán artistas que están comezando. A musica é un dos piares do Portamérica xunto coa natureza e a gastronomía. Cun showrocking con cociñeiros de primeiro nivel e cunha novidade.
Dende Portamérica quixeron resaltar como outro dous seus piares a potenciación da súa comarca. Un pulo para a zona que agradecen dende os concellos.
O festival conta coa colaboración de empresas privadas como Estrella Galicia de outras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
As entradas están a punto de esgotarse, xa que os que as mercaran no 2020 puideron mantelas. O festival celebrase do 2 ao 4 de xuño.