Éxito rotundo da folga estudantil no Barbanza

    RIBEIRA> Éxito rotundo da folga escolar convocada polo Sindicato de Estudantes do Barbanza en Ribeira. Centos de alumnos e alumnas de toda a comarca baleiraron as aulas e saíron desde o IES Número 1 do Ribeira ata o concello, en protesta polas reválidas que establece a LOMCE. 

     

    “Queremos estudar, non emigrar” foi só un dos lemas que esta mañá corearon os centos de alumnos e alumnas de primaria e secundaria do Barbanza, no seu percorrido polas rúas de Ribeira. A manifestación comarcal contra as reválidas do LOMCE, convocada tamén a nivel estatal, ten por obxecto a eliminación destas avaliacións que a lei establece para cuarto de ESO, 2º de Bacharelato e acceso á Universidade, e que comezarán a implantarse este curso a modo de proba. A partía ás doce desta mañá do Instituto Número 1 e collía rumbo cara a praza do concello ribeirense. Nos centros de Secundaria do Barbanza veránse afectados polas controvertidas reválidas algo máis de 1.200 alumnos, ós que habería que sumar outros 2000 de terceiro e sexto de primaria. Hoxe protestan todos xuntos contra éste e outros aspectos da actual lei educativa. Pero non só os estudantes secundan esta folga, a comunidade educativa demostrou que apoia esta oposición ás reválidas. Tanto os pais e nais…Coma os docentes…Dende o Sindicato de Estudantes do Barbanza amosábanse exultantes polo éxito da convocatoria, e non só ba comarca. As aulas galegas, hoxe, na súa maioría, quedaron baleiras. Os estudantes, en pe de guerra, aseguran seguirán berrando ata ser escoitados na defensa dunha educación pública, xusta e de calidade. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/folga_educacion_barbanza_261020161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/folga_educacion_barbanza_26102016.mp4{/flowplayer}