O Outubrofest chega a Pontevedra

Pontevedra> Dende hoxe e ata o vindeiro 1 de novembro a Praza do Teucro en Pontevedra acolle a oitava edición do seu Outubrofest. Unha cita onde poderán atopar a mellor cervexa alemá na compaña das súas tradicionais salchichas ou codillo. Os beneficios obtidos grazas a este evento irán destinados ao equipo pontevedrés Rugby Club. 

 

A oitava edición do Outubrofest aterra un ano máis na Praza do Teucro de Pontevedra. Unha cita organizada polo Pontevedra Rugby Club que esforza ano tras ano en levar a cabo esta iniciativa co fin de recadar fondos para o equipo. Ao longo destes días esta carpa contará con moita actividade e como non tamén con gastronomía haberá codillo e as tradicionais salchichas alemás de distintas clases para todos os gustos. 

Menús máis asequibles neste Outubrofest que van dende os 2,50 euro coa salchica normal ata o menú de 10 euros que é a salchica dun metro, o menú estrela é a salchica dun metro e o codillo asado. E non se preocupen que a cervexa tamén estará moi presente. 

Dende a organización convidan a todo o mundo a desfrutar desta cita, onde din, que a diversión estará asegurada. 

Xa o saben dende hoxe e ata o vindeiro 1 de novembro na Praza do Teucro en horario interrompido de doce da mañá a doce da noite poderán desfrutar desta oitava edición do Outubrofest. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/outubrofest_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/outubrofest.mp4{/flowplayer}