Aparece o teléfono de Diana Quer en Taragoña

    RIANXO> O teléfono móbil de Diana Quer aparece nunha zona próxima ó peirao de Taragoña. Un mariscador de Rianxo atopou esta tarde un móbil do mesmo modelo que Diana Quer, un iPhone 6 de cor branca, no espazo que hai entre este porto e a ponte da autovía do Barbanza. O mariscador entregou o cecular á Garda Civil para que os investigadores puideran analizar o dispositivo. A última hora da tarde chegaba a confirmación oficial da garda Civil: o teléfono era o de Diana. Ademais, segundo fontes da investigación, o pai da moza, Juan Carlos Quer, tamén confirmou que se trata do móbil da súa filla, que está corroído pola auga e a salitre.  Lembramos que a parroquia rianxeira de Taragoña foi o último lugar onde deu sinal o teléfono da moza ás catro da madrugada do día  da súa desaparición. E que unhas testemuñas declararon ver unha rapaza similar a Diana saír dun vehículo no peirao da vila, acompañada de varios homes. Agora os investigadores deben analizar o teléfono, e comprobar se a pesar do seu estado, pode despexar moitas das incógnitas que rodean este misterioso caso.