O BNG de Ribeira interésase polo estado da fonte da Carreiriña

    RIBEIRA> O grupo municipal do BNG de Ribeira pide a súa limpeza e adecentamento. O BNG quere coñecer tamén as intencións do equipo de goberno en relación ó local da antiga escola de integración xitana situada na estrada de Xarás ó parque de San Roque dende hai anos en estado de abandono.