![]()
VILANOVA> Trátase dun sistema informático que permitirá ós comerciantes facer un exhaustivo seguimento da actividade diaria do seu negocio.
{flowplayer}images/salnes/NOVATEC_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Novatec é o nome do novo software informático que se vai implantar en 25 establecementos asociados a Vilanova Centro. Trátase dun sistema de xestión que permitirá ós comerciantes facer un exhaustivo seguimento da actividade diaria do seu negocio, facilitando actividades cotiás como o rexistro de vendas, xestión de stock ou levar conta das facturas.
Outra das vantaxes fronte a unha caixa rexistradora ó uso é que permite individualizar as vendas que fai cada empregado, podendo determinar así que dependente é máis produtivo. Pero o sistema tamén ten a capacidade de levar conta dos produtos adquiridos polos consumidores, co que os comerciantes poderán detectar que artigos son os máis demandados e afinar así as estratexias de venda. O software Novatec está financiado con cargo a unha subvención do IGAPE e ten como fin modernizar o pequeno comercio.
Redacción Salnés








