As mariscadoras redobran esforzos para retirar as algas do Castelete

    esterco100_280109.jpgVILANOVA> A zona da praia do Castelete, onde traballan as mariscadoras de Vilanova, cubriuse de verde esta mañá. Unha chea de algas ocuparon o areal …

    {flowplayer}images/salnes/mariscadorasVilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A zona da praia do Castelete, onde traballan as mariscadoras de Vilanova, cubriuse de verde esta mañá. Unha chea de algas ocuparon o areal nas últimas horas obrigandolles a redobrar esforzos para retiralas e evitar que se perda a ameixa na que faenan.

    O temporal sufrido nas últimas semanas deixou unha chea de algas na Praia do Castelete zona na que faenan. Xa na xornada de onte viviron unha situación similar e se afanaron para retirar o esterco para que o producto non se perda. Hoxe, o panorama era aínda peor. A cantidade de algas era tal que nalgúns puntos superaba o medio metro de altura.

    Veciños e propietarios de fincas e montes cercanos, achegáronse con tractores e palas esta mañá para retirar un abono que a eles sí lles serve. Mañá disporán dunha pala e un tractor cedidos polo concello, ademais dun par de máquinas contratadas pola propia confraría; por suposto tamén recibirán cos brazos abertos calquera tipo de axuda extra.

    Pese a todo, non son demasiado pesimistas e esperan recuperar parte do producto. Durante estes días as mariscadoras repartiranse tarefas para non perder o seu salario. Un grupo delas traballará para o resto recollendo ameixas, namentres que as demais retirarán kilos e kilos de algas.

    Redacción Salnés