Unha vintena de tendas cambadesas amosarán as últimas tendencias no Desfile de Moda de Zona Centro

CAMBADOS> Medio cento de modelos amosarán as últimas tendencias en moda no Desfile de Outono-Inverno que organiza a Asociación Cambados Zona Centro. Nesta quinta edición do evento van participar máis dunha vintena de establecementos, entre tendas de roupa, salóns de peiteado e mesmo unha libraría e unha florería. Dentro dos desfiles, haberá tamén un pase especial para visibiliza-lo rexeitamento ás violencia machista.

Cambados sobe de novo á pasarela. 21 establecementos da vila participarán este ano no Desfile de Outono-Inverno que organiza a Asociación Cambados Zona Centro. O evento serve de escaparate para o comercio local. Algo positivo para a economía da vila e tamén para o consumidor.

No desfile participarán máis de medio cento de modelos. Ensinarán en pasarela as coleccións de tempada, tanto en roupa de home, muller e neno, como calzado, lencería e complementos.

O Desfile vai ter lugar na vindeira tarde do día 24, de novo no Salón Peña. Dende o Concello animan ó público asistir. Aproveitan para defende-las vantaxes do comercio de proximidade fronte ás grandes áreas e a internet.

No desfile, haberá de novo un pase especial para visibiliza-lo rexeitamento ás violencia machista. Tamén se vai instalar unha ludoteca para os nenos, impartidos pola Asociación TDAH Salnés. Ademais, como novidade, este ano vanse sortear 200 euros en vales de compra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí