O IES de Meaño reclama unha maior conectividade para as súas instalacións

    MEAÑO> A comunidade educativa do IES de Meaño manifestouse, este venres, as portas so seu centro para denunciar a precaria situación de conectividade que está a sufrir este centro.  Un centro que paradóxicamente foi elixido para presentar un proxecto no salón de tecnoloxía para a ensinanza (SIMO), que se celebrará en Madrid. 

     

    Os pouco máis de cen rapaces que estudan no IES de Meaño protestaron este venres as portas do seu centro pola falta de conectividade no mesmo. 

    Un situación que segundo o seu director, en lugar de mellorar empeorou co paso dos cursos, ata contar con tan só 3Mgb para todo o centro. 

    Paradóxicamente este instituto meañés consta no seu palmarés con importantes premios a innovación educativa, tanto a nivel autonómico como a nivel nacional, ao ser un dos centros elixidos para presentar un proxecto nun salón tecnolóxico para a ensinanza en Madrid. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/meano_non_internet_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/meano_non_internet.mp4{/flowplayer}¡