RIBEIRA> O acordo entre o PP e o PSdeG para a aprobación dos orzamentos do anterior exercicio incluía a renovación da capa de herba artificial do campo da Tasca en Aguiño. Este proxecto, que non contaba con partida presupuestaria, poderase acometer agora unha vez aprobado o remanente de tesourería e tralas catas e estudos técnicos necesarios para coñecer os problemas que viña rexistrando no substrato o actual céspede.
A pesar do mal estado do campo, a xunta directiva do Xuventú Aguiño decidiu finalizar a tempada no campo da Tasca para evitar os problemas loxísticos que suporía non só para os equipos senón tamén para as familias o traslado a algún dos outros campos os que dispón o concello.
Unha vez rematada a tempada, acometerase non só a renovación do céspede, que xa vai pola terceira capa de herba artificial, senón tamén unha serie de melloras nas gradas e nos vestiarios.