Telmo Martín pide ao tripartito de Sanxenxo que deixen gobernar ao PP na vila

    SANXENXO> Despois de que o PP tumbase xunto con Roberto Agís a proposta do Conce3llo de Sanxenxo para rebaixar o IBI, este luns, o voceiro popular, Telmo Martín facía un chamamento público aos integrantes do SAL, para mellorar Sanxenxo. 

     

    Telmo Martín reiterou, este luns, a necesidade que o actual goberno de Sanxenxo asuma que gobernan en minoría e que deberían deixar gobernar ao principal partido da oposición. 

    A pesar de estas declaracións, Martín desbota a posibilidade dunha moción de censura, pero fai fincapé na necesidade que ten Sanxenxo dun goberno sólido e recorda ao actual goberno, segundo as súas propias palabras, a posibilidade de ter unha saída digna do mesmo. 

    Segundo Telmo Martín o actual tripartito de Sanxenxo non se está a preocupar do benestar colectivo da vila, senón tan só dos intereses individuais de cada un dos seus membros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/telmo_busca_apoios_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/telmo_busca_apoios.mp4{/flowplayer}