A protectora Os Palleiros chega co seu mercadillo o 5 de novembro

Pontevedra> Este sábado 5 de novembro a Praza de Ourense, en Pontevedra, acollerá o Mercadiño da Protectora Os Palleiros. Unha cita que terá como fin recadar fondos para esta entidade, que actualmente presta axuda a 147 cans, e tamén, nesta ocasión, fomentar a adopción dos cans máis vellos, animais que levan máis de 10 anos na asociación e que necesitan contar canto antes cun fogar propio. 

 

A praza de Ourense en Pontevedra contará con moita actividade este sábado 5 de novembro xa que alí se celebrará o mercadillo da protectora animal Os Palleiros. Unha cita que se celebrará de 11 da mañá a oito da tarde e onde terá a oportunidade de aportar o seu graíño de area a esta entidade que actualmente presta axuda a 147 cans. 

Preto de 25 cans avós necesitan contar o antes posible cun fogar que lles aporte cariño e tranquilidade. No que vai de ano esta protectora xa atendeu o ingreso de máis de 250 cans. 

Dende a protectora agardan que a xente se solidarice este sábado tanto nas adopcións aos cans máis maiores como na compra de produtos que alí estén á venda, como marmeladas, camisolas, polares ou calendarios, todos os beneficios que alí se recaden irán destinados a esta protectora que tal e como anunciaron esta mañá precisan de preto de 80 mil euros ao ano para poder realizar a súa actividade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/os_palleiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/os_palleiros.mp4{/flowplayer}