A POBRA> A Escola de Segunda Oportunidade da Pobra promove este Nadal unha acción solidaria. No marco do proxecto ‘A todo piñón’ recolleranse bicicletas usadas para a súa reparación que posteriormente serán repartidas como agasallos entre quen máis as necesite.
A Escola de Segunda Oportunidade, promovida polo concello da Pobra, o centro de Formación Profesional Divino Maestro e a cooperativa ‘Dalle que dalle’ segue a poñer en marcha iniciativas do máis interesante. Nesta ocasión, no marco do proxecto Bicilar xorde a campaña solidaria ‘A todo piñón’ para a recollida e reparación de bicicletas que posteriormente serán doadas ás persoas con menos recursos.
Unha vez reparadas, elaborarase unha bolsa de bicicletas en función das idades e procederase ó reparto.
Xunto co carácter solidario da iniciativa, destaca a vertente formativa do proxecto da cara a que os alumnos adquiran habilidades prelaborais nun nicho de mercado con gran potencial e o obxectivo de promover medios de transporte alternativos e sostibles como a bici.
Ademais de bicicletas, admítese a doazón de pezas soltas para o arranxo das mesmas.











