Outes acollerá a primeira proba do circuíto Trail Series

OUTES> A primeira das probas do Tral Series disputarase o domingo día 30 en Outes. Será un circuíto de 15 quilómteros deseñado en colaboración do Club de Atletismo Outes.

A estas vistas panorámicas de gran beleza hai que engadir outros puntos emblemáticos da parroquia do Freixo como as ruínas da capeñla de San Benito ou diferentes elementos patrimoniais que fan do precorrido non só un reclamo deportivo senón tamén turístico.

A seguinte cita será o 13  marzo, en Ribeira, que cinco anos despois recupera o trail de San Alberto cunha distancia de 16 quilómetros.

Porto do Son porá a guinda a este circuíto coas proba máis longas do circuíto. Disputaranse o 22 de maio en portosín.

Ademais de aumentar a distancia, nesta edición destaca o incremento da dureza das probas con desniveis máis pronunciados en tódolos circuítos.

As inscricións para o circuíto aínda están abertas ata o domingo. Poden realizarse nas webs arousa.com ou trailseries.run. Dende a organización animan ós interesados a inscribirse canto antes posto que a situación sanitaria obrigará, previsiblemente, a limitar o número de participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí