![]()
RIANXO> A Fiscalia imputa ao alcalde de Rianxo e a catro concelleiros por un delicto de prevaricación na concesión da licencia ó taller de pedra Ramos.
A través dun comunicado, o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro móstrase “perplexo e indignado” porque a agrupación local do partido popular filtrase ós medios de comunicación a actuación do Ministerio Fiscal, na que solicita ao xulgado de Padrón a apertura dun procedecemento contra el e catro edis do goberno local de Rianxo por un delito de prevaricación pola concesión dunha licenza ilegal ao taller de pedra Ramos.
{flowplayer}barbanza/licenciatallerramos.flv{/flowplayer}
No escrito, Piñeiro asegura que nin el nin os catro concelleiros citados, nin o avogado do concello recibiron comunicación algunha no tocante a esta imputación por parte do Ministerio Fiscal.
Aprobación por unanimidade
Ademáis, o mandatario rianxeiro, lembrou que a Comisión Informativa de Obras do concello de Rianxo, formada por membros do grupo de goberno e representantes das agrupación locais do partido popular e o BNG, aprobou por unanimidade a concesión desta licencia, que viña avalada polos informes técnicos e xurídicos preceptivos, o que imposibilita a súa desestimación.
Malia todo, Pedro Piñeiro confia na decisión final da xustiza, ao tempo que agradece as mostras de solidariedade e apoio que están a recibir de veciños e veciñas de todas as parroquias con municipio.
Redacción Barbanza








