O Noia FS promociona a ruta Portus Apostoli cunha andaina

NOIA> Para darlle promoción ao Portus Apostoli, a ruta de peregrinación que chega a Santiago pola Ría de Muros-Noia, onte o club de fútbol sala da vila organizou unha pequena andaina dende a Praza do Tapal.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, sumáronse onte á iniciativa organizada polo Noia Fútbol Sala de percorrer o Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia. A saída tivo lugar na Praza do Tapa.

Unha andaina que serve para promover a vila de Noia, pero que tamén fomenta a vida saudable.

O alcalde de noia quixo aproveitar a ocasión para felicitar ó Noia Futbol Sala polos bos resultados que ven arrastrando e para desexarlles sorte nesta tempada.

Onte percorreron a primeira etapa, pero o Noia Futbol Sala ten previsto seguir facendo actos coma este ata poñer pé en Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí