Descende o paro en maio

    O SALNÉS> O paro descende no mes de maio de maneira xeralizada. Pontevedra e Vilagarcía son os dous municipios nos que máis baixa o paro con respecto ao mes de abril e é no sector servizos onde se atopan a maior parte dos novos empregos. Dende UXT  valoran positivamente os datos pero lembran que moitos deses novos contratos son precarios.

     

    Baixa o paro en toda Galicia no mes de maio. Pontevedra contabiliza 3.200 parados menos e tanto as comarcas do Salnés, Barbanza e Pontevedra reducen o seu número de desempregados en todas as variables. Con respecto ao mes de abril os municipios onde máis descendeu o paro foron Pontevedra, con 228 desempregados menos, Vilagarcía de Arousa, con 212, Boiro, con 120 menos, e Ribeira, con 99. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado nesa listaxe tamén sen inclúen concellos como Sanxenxo, Rianxo, Vilanova de Arousa, Noia e Poio, que descenderon o número de parados entre os 110 e os 170. O sector servizos é o que tira principalmente deste pulo do mes de maio, seguido tamén pola construción como explica o secretario xeral de UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa.

    Dende a Xunta de Galicia valoran moi positivamente estes datos, sinalan o descenso do paro tamén en menores de 25 anos e aseguran que son o síntoma dunha clara recuperación económica.

    Para UXT non se debe esquecer que moitos destes empregos fanse en condicións precarias.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/02/datos_paro_maio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/02/datos_paro_maio.mp4{/flowplayer}