Vinte e seis cámaras vixían os montes pontevedreses na loita contra os lumes forestais

[

PONTEVEDRA> Galicia prepárase para afrontar a tempada de máximo risco de lumes forestais. Farao contando con 148 cámaras de vixilancia repartidas nos montes galegos. Delas, 26 están na provincia de Pontevedra, e que se suman aos outros efectivos das brigadas de extinción.

148 ollos vixilan a case totalidade do monte galego. Son cámaras que forman parte do dispositivo de loita contra os incendios forestais .

Na provincia de Pontevedra son 26 as instaladas. En cada punto hai dúas cámaras: unha que vai xirando constantemente 360 graos e outra que dispón dun zoom de ata 20 quilómetros de distancia.

Estas cámaras ofrecen a posibilidade de controlar en tempo real, por exemplo, a evolución  dun incendio. Pero non alertan cando este se produce. Por iso son un complemento ao labor dos axentes que vixilan os montes sobre o terreo.

Ás portas do inicio da tempada de máximo risco de lumes forestais, de xullo a setembro con outubro como mes complementario, a Xunta de Galicia conta con 1081 efectivos nas brigadas de Pontevedra. Tamén haberá 94 motobombas e 4 helicópteros.

Toda a provincia de Pontevedra está considerada como zona de alto risco, coa excepción dos concellos de Cuntis, Moraña, Ribadumia e Campo Lameiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí