O ‘Tour do cancro’ da AECC chega a Pontevedra para poñer esta enfermidade en primeiro plano

PONTEVEDRA> Achegar a realidade do cancro á sociedade. Este é o obxectivo do Tour que ten en marcha a Asociación Española contra o Cancro e que onte fixo parada en Pontevedra. Con esta iniciativa, a asociación busca incrementar a visibilidade e o coñecemento desta enfermidade na sociedade, así como os servizos que ofrecen de xeito gratuíto a enfermos e familiares.

Pontevedra foi onte a cuarta parada do Tour do Cancro, unha iniciativa coa que a Asociación Española contra o Cancro quere achegar a realidade desta enfermidade á sociedade.

Dar a coñecer o traballo que realiza a asociación e os servizos que de xeito gratuíto ofrecen a enfermos e familiares é un dos obxectivos deste tour. O segundo, poñer o cancro en primeiro plano.

O doutor López-Otin, autor do libro ‘Egoístas, inmortais e viaxeiras: as claves do cancro e dos seus novos tratamentos: coñecer para curar’, participou cunha charla maxistral. Tamén lanzou unha mensaxe de ánimo.

Os datos impresionan. Segundo a asociación, o cancro mata 300 persoas ao día. En Pontevedra diagnostícanse a diario 18 cancros e 8 persoas falecen por esta enfermidade. Por fortuna, a medicina avanza tamén.

O doutor López-Otín destinará todos os beneficios da venda do seu libro á Asociación Española contra o Cancro. Un novo impulso para que a entidade continúe cos seus servizos gratuítos para apoiar aos enfermos e ás súas familia en todo o proceso da enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí