O luns comeza a campaña da vacinación contra a gripe

Pontevedra> O vindeiro luns 24 de outubro comezará a campaña de vacinación que lanzan dende o Sergas. Unha campaña que terá unha duración de 8 semanas e que se ofertará en 250 centros de saúde da provincia. Pontevedra contará con 530 mil doses de vacina para subministrar ao longo destes meses. 

 

Esta mañá presentaron a campaña de vacinación deste 2016. Unha campaña que se desenvolverá dende o luns 24 de outurbo ata o 23 de decembro. Tal e como informaron esta mañá os maiores de 60 anos, as persoas de calquera idade que traballen en sitios pechados e as embazadas son o público máis directo ao que vai lanzado esta campaña. 

Dende o Sergas queren evitar os 1700 ingresos en toda Galicia que houbo o pasado ano debido á gripe por iso lembran a importancia que te vacinarse, e fan especial fincapé, en que esta vacina non causa en ningún caso gripe . Este ano contará con duas doses diferentes, a Influvac destinada as persoas menores de 75 anos e a Intenza para maiores de 75. 

Co fin de evitar os 83 ingresos que no pasado ano houbo en Pontevedra e na comarca do Salnés e 7 mortes debido a gripe dende o Sergas facilitarán 250 puntos de vacinación e 530 mil doses de vacina na provincia de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/campana_vacina _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/campana_vacina.mp4{/flowplayer}